A asociación Aviturga pide prolongar os descansos vacacionais ao longo deste 2021

PONTEVEDRA> O sector turístico comeza a planificar xa o verán deste 2021. Dende a Asociación de vivendas turísticas de Galicia apostan pola desescalada progresiva neste período, para así evitar aglomeracións nos meses de xullo e agosto.

Prolongar os descansos vacacionais deste 2021. Esa é a aposta que fai a Asociación de vivendas turísticas de Galicia co obxectivo de evitar as aglomeracións de visitantes nos meses de xullo e agosto.

Dende Aviturga son conscientes de que a Semana Santa deste ano será complicada no eido turístico e, xustamente por iso cren que é necesario salvar o verán. Para iso, a asociación galega aposta por unha desescalada progresiva que permita a toda a cidadanía gozar das súas vacacións pero dunha maneira segura.

A Asociación de vivendas turísticas de Galicia asegura que as expectativas para este ano son moi boas e cren que o turismo nacional será o principal motor neste 2021.

En canto ao tipo de vivendas máis demandadas, este ano os turistas apostarán polas zonas máis illadas nas que poder desconectar aínda que sexa por uns días

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí