Miguel Rosendo declárase “inocente” ante todas as acusacións que se lle imputan

Pontevedra >Segunda xornada do xuízo polo coñecido caso dos Miguelianos. E hoxe, ao igual que onte, a expectación era máxima na Audiencia Provincial de Pontevedra coa declaración do principal acusado. Miguel Rosendo acolleuse ao seu dereito a respostar tan só ás preguntas do seu avogado. Rosendo quixo comezar a súa intervencións manifestando, unha vez máis, a súa inocencia ante todos os feitos que se lle imputan.

O líder dos Miguelianos non quixo contestar ás preguntas das partes, tan so ás do seu avogado. Feliciano Miguel  Rosendo comezou a súa declaración manifestando a súa inocencia.

Durante as preguntas do seu avogado Rosendo negou todas as acusación, que fora un curandeiro, que practicase esoterismo… Di que os membros da orde tiñan total liberdade de acción e nega os maltratos e abusos.

A avogada da acusación agardaba que Miguel Rosendo respostase ás preguntas dela e do fiscal, preguntas que igualmente foron formuladas para que constasen en acta durante máis de dúas horas en sala.

O avogado de Miguel Rosende considera que a clave para amosar a inocencia do seu cliente estará na declaración do resto dos acusados e tamén na de algúns dos testemuños

O avogado de Miguel Rosendo pide á acusación particular unha indemnización de 120 mil euros para a muller e cada un dos fillos de Rosendo que estiveron acusados durante 3 anos e que agora sentarán na bancada pero soamente como testemuñas.