O PP insiste en pedir a dimisión do edil de deportes

    VILAGARCÍA> O Partido Popular volve pedir responsabilidades políticas pola suspensión do Triatlón Rías Baixas do pasado domingo. Esta mañá, a formación insistiu en que o concelleiro de deportes debe dimitir, e tamén responsabilizou ao edil de seguridade cidadá, José Antonio Pérez Callón.  Segundo o PP, esta é unha gota máis na mala xestión que o equipo de Alberto Varela fixo no último ano.

     

    Cinco días despois da suspensión do Triatlón Rías Baixas, o Partido Popular continúa esixindo responsabilidades ao concello.

    Por iso piden a dimisión do edil de deportes, e acusan ao goberno local de non implicarse na organización dos eventos.

    Para o PP, a suspensión do triatlón foi unha chapuza máis da xestión do concelleiro de deportes. Tampouco saíu mellor parado o edil de seguridade cidadá.

    Ademais, sinalan ao alcalde como responsable último. Recordan que Alberto Varela se reservou a coordinación das diferentes áreas como competencia.

    Os populares tamén criticaron a decisión do goberno local de suspender a reunión do Consello Rector do Consello Municipal de Deportes. Unha determinación que, aseguran, afecta aos clubs do concello.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/20/pp_villa_triatlon.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/20/pp_villa_triatlon.mp4{/flowplayer}