CAMBADOS> Os reis magos chegarán a cambados cunha cabalgata espectacular. Así anunciou o concello un desfile que contará con 4 carrozas e no que participarán numerosas asociacións da vila xunto con grupos de música e de animación. A fin do percorrido será na praza de Fefiñans onde terá lugar unha chocolatada para máis de 2 mil persoas
O concello de Cambados desvelou como será a visita dos reis magos á súa vila. As maxestades chegarán ao municipio o día 5. A súa primeira visita será cun percorrido por todas as parroquias durante a mañá.
Pola tarde partirán dende a escalinata de San Tomé. Nunha cabalgata que concello cualifica de espectacular, xa que nela participarán case todas as asociacións da vila xunto con grupos musicais e de animación, como patinadoras ou zancudos.
As carrozas estarán adornadas con personaxes infantís que o concello non quixo desvelar. A recepción dos reis será na praza de Fefiñáns. Onde terá lugar unha chocolatada preparada para máis de dúas mil persoas
Os nenos e nenas que queiran acompañar aos reis durante a cabalgata poderán facelo. Os pais e nais deben inscribilos na biblioteca municipal para que poidan participar como paxes.