Vilagarcía centrará a semana de muller e cultura no sector do humor

VILAGARCIA> Vilagarcía presenta programación cultural da semana da muller. Do 16 ao 24 de setembro, a vila acollerá diferentes obradoiros e espectáculos protagonizados por mulleres. A edición deste ano centrarase no humor.

O concello de Vilagarcía celebrará este setembro a terceira edición da semana da muller. Un programa cultura que pon en valor o papel das mulleres nas disciplinas culturais. A edición deste ano centrarase nas cómicas e no humor.

A semana cultura deste ano busca dar visibilidade ás mulleres cómicas. Artistas que se dedican a unha disciplina onde aínda non reciben o recoñecemento que merecen.

As xornadas comezarán o día 16 no auditorio co faladoiro muller e humor na escena, no que participarán a periodista Diana López, a directora María Hermesto e a actriz Isabel Risco e a continuación terá lugar o monólogo da actriz Clara Gayo. O venres 17 no Salón García realizarase un espectáculo de monólogos.

As cómicas son  Arancha Creus, Jazmina Abuín e Antía Costas. A programación continuará o sábado 18 cun obradoiro de narración oral impartido por Paula Carballeira e pecharase o día 24 cunha obra de teatro.

Todas as actividades son de balde ata que se complete o límite de ocupación. No caso do espectáculo de cómicas e do obradoiro de narración requirirase inscrición previa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí