A Deputación amosa o seu apoio ao proxecto Tempadas de Igualdade

Pontevedra> A deputación de Pontevedra acolleu esta mañá un acto para presentar oficialmente a sinatura da carta de apoio ás Tempadas de Igualdade de Mulleres Homes nas Artes Escénicas, unha iniciativa que ten como fin promover o equilibrio de xénero neste sector.

O hall do Pazo Provincial foi o escenario dun acto que deu visibilidade ó apoio da Deputación ó proxecto Tempadas de Igualdade, que promove a igualdade real entre mulleres e homes nos postos de responsabilidade, na distribución das subvencións e nos lugares de decisión no sector das artes escénicas mediante a sinatura de acordos con teatros, salas, institucións ou organismos que se  comprometen con este acto a lograr progresivamente un maior equilibrio na presenza de mulleres e homes tanto nas programacións coma nas contratacións de persoal.

O acto comezou cunha performance executada por actrices da asociación Clásicas e Modernas, promotora do proxecto, e coa intervención de Mariana Carballal como representante do colectivo.

A Presidenta da Deputación, pola súa parte, lembrou a necesidade de dar visibilidade ás mulleres en tódolos ámbitos.

Carmela Silva animou ós concellos da provincia a adherirse ó proxecto.