PONTEVEDRA> O instituto Sánchez Cantón de Pontevedra está moi concienciado co uso da bicicleta. No centro están a dar clases prácticas á uns 300 estudantes para que aprendan as normas de circulación e poidan moverse de xeito seguro pola cidade. A rapazada, segundo nos contan os profesores, está moi implicada nesta iniciativa.
Para fomenta-lo uso seguro da bicicleta, o instituto Sánchez Cantón de Pontevedra está a divulgar entre o seu alumnado a nova ordenanza de mobilidade amable da cidade. No centro están a impartir clases prácticas nas que uns 300 estudantes aprenden a moverse coa bici con seguridade.
Unha actividade que lles aprende, ademais, a convivir cos peóns que pasean polas rúas da Boa Vila. Maribel indica que a rapazada está desfrutando desta aprendizaxe amena.
O alcalde da cidade fíxolles entrega esta mañá de material divulgativo para axudar a concienciar á rapazada. Lores felicita ó centro pola iniciativa. Entre o material entregado, chalecos, mochilas e reflectores da campaña SUMA de divulgación da ordenanza, impulsada polo Concello.