Ultiman a rehabilitación da antiga sé da Xunta

PONTEVEDRA> Visita das autoridades ao antigo edificio da Xunta en Benito Corbal, Pontevedra. Tras oito anos abandonado, a administración autonómica ultima a súa rehabilitación integral. Cun investimento próximo aos 4 millóns de euros, o céntrico inmoble acollerá os servizos de emprego da cidade e reservará espazos para a Universidade de Vigo e as asociacións pontevedresas.

 

Oito anos despois de quedar baleiro, o antigo edificio da Xunta en Benito Corbal prepárase para a súa nova vida. Administración autonómica, concello de Pontevedra e Universidade de Vigo ultiman a súa rehabilitación integral.

A actuación conta cun orzamento próximo aos 4 millóns de euros. Agárdase que o novo edificio comece a funcionar ao longo do 2018, coas tres primeiras plantas reservadas ás oficinas de emprego que agora están en Eduado Pondal. O terceiro e cuarto andar cederánse a entidades e asociacións da cidade, mentres que as catro superiores, estarán ocupadas pola Universidade de Vigo.

A vella sé da Xunta tamén acollerá unha futura escola de emprendedores da Universidade.

Tamén celebrou os avances no proxecto o alcalde da vila. Miguel Anxo Fernández Lores amosouse satisfeito, aínda que lamentou a tardanza.

A remodelación incluirá a substitución da fachada por un revestimento de aluminio, a mellora da accesibilidade polos tres accesos dende a rúa e medidas para apostar pola eficiencia enerxética.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/23/visita_edificio_xunta_ponte.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/23/visita_edificio_xunta_ponte.mp4{/flowplayer}