O Diario de Pontevedra recoñece a traxectoria de seis veciños cos seus Premios Pontevedreses

PONTEVEDRA> A xogadora de fútbol praia Andrea Mirón, a empresa Edigal, a asociación Xoga, a investigadora Rosario García, o comisario de arte Antón Castro e a activista Amalia Bóveda, recolleron onte os seus Premios Pontevedreses, os galardóns que anualmente entrega do Diario de Pontevedra. Un xeito de recoñecer a súa actividade e traxectoria. Eles os protagonistas do acto que acolleu o auditorio de Afundación ao que asistiron ao redor de 500 persoas.

O auditorio de Afundación, en Pontevedra, volveu encherse onte para recoñecer a seis dos seus veciños. O Diario de Pontevedra celebrou unha nova edición dos Premios Pontevedreses cunha gala encabezada polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Con estes galardóns, o xornal pontevedrés recoñeceu a actividade e traxectoria de media ducia de pontevedreses. Os escollidos este ano foron xogadora de fútbol praia Andrea Mirón, a empresa Edigal, a asociación Xoga, a investigadora Rosario García, o comisario de arte Antón Castro e a activista Amalia Bóveda.

Os premiados foron os protagonistas do evento, que se desenvolveu ante medio milleiro de persoas.