4.6 millóns de euros para as melloras en 116 centros educativos pontevedreses

PONTEVEDRA> 4.6 millóns de euros. Esta é a cantidade que destinarán Xunta de Galicia e concellos para mellorar 116 centros educativos da provincia de Pontevedra. Esta mañá firmábanse os protocolos cos 60 concellos de menos de 50.000 habitantes e tanto consellería de educación como alcaldes valoraban moi positivamente esta colaboración.

 

A Consellería de Educación e a práctica totalidade dos concellos de Pontevedra, a excepción de Pontevedra e Vigo, firmaban hoxe 60 protocolos de actuación cos que sumar forzas para mellorar as infraestruturas educativas destes municipios.

As accións materializaranse en 116 centros da provincia, 103 colexios de educación infantil e primaria e 13 centros públicos integrados e veranse beneficiados uns 25.000 alumnos. O custe total ascende a 4,6 millóns de euros que se repartirán un 60% a Xunta de Galicia e un 40% os concellos.

Os alcaldes valoraban moi positivamente esta medida e xa saben onde se van a realizar as intervencións que terán como obxectivos principais o cambios de cubertas, fiestras,…, a mellora enerxética ou a dotación de instalacións deportivas.

A maiores do 60 protocolos, a consellería tamén realizou firma dun convenio co concello de Vilagarcía pola que se cofinanciará o ximnasio do colexio de Rubiáns.

Román Rodríguez asegurou que todos gañan con esta firma e dende os concellos esperan continúen con estas axudas en vindeiros anos.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/05/convenio_conselleiro_coles_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/05/convenio_conselleiro_coles.mp4{/flowplayer}

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí