O elevado absentismo volve evidenciar a oposición ás reválidas de primaria

    BOIRO> Tal e como fixeran o pasado día once, as ANPAS do Barbanza volveron saír á rúa en contra da reválida de terceiro. A mobilización veu acompañada dun alto índice de absentismo nos centros da comarca, en contra duns exames que consideran ‘inútiles e sen valor pedagóxico’. O rexeitamento á reválida de primaria establecida pola LOMCE; desta volta en terceiro, volveu ser clamoroso no Barbanza. As ANPAS saíron á rúa nunha concentración desenvolvida en Boiro. A pesar da chuvia, numerosos pais e membros da comunidade educativa, quixeron secundar a mobilización en contra duns exames que consideran segregadores e inútiles para o alumnado. Ademais de facer visible o rexeitamento a través da mobilización, boa parte dos pais optaron por non levar ós nenos ó colexio para evitar a realización das probas. Á espera dos datos definitivos, a Consellería de Educación cifra o absentismo nun corenta por cento. A cifra sube notablemente para a plataforma en defensa do ensino público superando o oitenta por cento. O número de alumnado ausente é similar ó da reválida de sexto de primaria, o que evidencia o amplo rexeitamento da comunidade educativa a estas avaliacións externas en idades temperás.