O petróglifo dos Mouchos recupera o seu aspecto orixinal

    RIANXO> O concello de Rianxo acometeu unha actuación urxente no petroglifo dos Mouchos. O xacemento fóra obxecto dunhas pintadas hai tres meses. Tras esta limpeza, comprobouse que a pedra non está danada. A intención do executivo é realizar unha segunda intervención a medio prazo para devolvelo ó seu estado orixinal. A finais de agosto, o petroglifo dos Mouchos de Rianxo era obxecto dun acto vandálico que deixaba estas pintadas nun dos elementos patrimoniais de maior valor do municipio. Afortunadamente, a pedra non estaba danada co que poderá restaurase e volver ó seu estado orixinal. O concello acometeu unha actuación de urxencia para borrar o rastro das pintadas na que se utilizaron materias neutros e inocuos para respectar os materiais. Unha vez rematada esta intervención, o executivo estuda xa a posibilidade de realizar unha actuación en profundidade para poñer en valor os petróglifos e a súa contorna. Esta limpeza integral, que non suporá un desembolso moi elevado para as arcas municipais, permitirá homoxeneizar tódolos paneis dotando ó xacemento dunha superficie uniforme.