Turismo e Arousa Norte destinarán 200.000 euros á promoción do xeodestino

    BOIRO> Turismo de Galicia asinou un convenio de colaboración coa Mancomunidade de Municipios Arousa Norte para a promoción do xeodestino. Durante os dous anos de vixencia, a Xunta achegará cento cincuenta mil euros e os concellos cincuenta mil para o desenvolvemento de catro liñas estratéxicas. A consolidación dunha oferta de turismo accesible, a aposta polo turismo deportivo e de natureza, a promoción do potencial gastronómica da comarca e a mellora da comunicación a través das redes sociais son as catro liñas estratéxicas nas que incidirá o convenio asinado entre a Turismo de Galicia e a Mancomunidade Arousa Norte. Este acordo, de carácter bianual suporá un investimento de douscentos mil euros para o posicionamento do xeodestino: cento cincuenta mil achegados pola Xunta e os cincuenta mil restantes a cargo do ente supramunicipal. O convenio establece unha estratexia complementaria de promoción que se vén sumar á actividade anual da mancomunidade así como ás numerosas liñas de axudas e a participación en feiras turísitcas que promove a Xunta de Galicia.