Fole pon a disposición do partido o liderazgo de Vilagarcía

    VILAGARCÍA> Fole deixa en mans do partido o seu liderazgo dos populares de Vilagarcía no contexto da primeira visita que Alfonso Rueda facía como presidente provincial á vila. O congreso local terá lugar antes de que remate o ano, pero despois dos comicios nacionais e autonómicos. 

     

    A tarde noite do martes reunía na sé local dos populares en Vilagarcía a gran parte de afiliados e simpatizantes do partido que se xuntaban para coñecer máis de preto as intencións do novo grupo provincial que preside Alfonso Rueda. Ata alí se desprazou, acompañado do seu secretario xeral, José Manuel Cores Tourís, e tamén da súa secretaria de organización, Luísa Piñeiro, para coñecer o estado do partido, coñecer as opinións dos asistentes e determinar que se debe corrixir de cara ao futuro.

    Dentro do futuro do partido tamén se falou da continuidade de Tomás Fole á cabeza dos populares vilagarciáns, o exalcalde que asegurou ter dispoñibilidade e ilusión púxose igualmente a disposición do partido.

    Rueda destacou que Vilagarcía é a terceira cidade da provincia e para eles é importante celebrar ese congreso que terá lugar previsiblemente a finais de ano, tralas eleccións nacionais e autonómicas.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/25/rueda_fole_villa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/25/rueda_fole_villa.mp4{/flowplayer}