A Copa da Dorna xa loce no hall do Hospital da Barbanza

RIBEIRA> Unha representación da comisión dorneira entregoulle á dirección do centro hospitalario o trofeo en recoñecemento ó seu traballo e esforzo durante a pandemia.

Tal e como acordaran na última asemblea, na que se decidiu tamén a cancelación da festa, a directiva da Confraría da Dorna procedeu á entrega do seu emblemático trofeo ó persoal do hospital da Barbanza en recoñecemento ó seu traballo e esforzo durante a pandemia do coronavirus. Foi o propio presidente da Confraría, Ramón López, o encargado de entregarlle a Copa da Real e Ilustre ó director do Distrito Sanitario de Barbanza, Salvador Mariño Ageitos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí