Pontecesures aforrará 90 mil euros aunais grazas ás canalizacións dos mananciais de Grobas

PONTECESURES> Pontecesures aforrará 90 mil euros anuais grazas ao novo sistema de canalización dos mananciais de Grobas. A xunta investiu 50 mil euros para recuperar o subministro de auga a través dun dos 26 mananciais cos que conta a vila. Desta forma a auga baixa directamente a Etar, evitando os altos custos do bombeo dende o Ulla.

Dende hai tempo o concello de Pontecesures traballa para facer un aproveitamento sostible dos mananciais de Grobás. Un proxecto que xa comeza a dar os seus froitos grazas ao novo sistema de canalizacións que permite subministrar a auga directamente dende os mananciais.

As novas canalizacións permitirán aforrar á vila 90 mil euros anuais, xa que a auga baixa directamente dende os mananciais ata a Etar, evitando os altos custos do bombeo dende o Ulla. Ademais, a veciñanza gozará cunha auga de maior calidade.

A Xunta de Galicia investiu 50 mil euros para crear un sistema de canalizacións de máis dun quilómetro.

Con este novo sistema de subministro, Pontecesures tamén se protexe contra posibles secas como as que tiveron lugar este verán.

Xunta e concello xa traballan para poder canalizar outros mananciais. O primeiro paso é continuar cos estudios para coñecer o caudal de cada un dos 26 mananciais. Os técnicos xa teñen identificados outros 3 cun caudal suficiente para poder subministrar auga á Etar. A previsión é que ao longo deste ano se canalice algún deles.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí