Valga descobre os inicios e a primeira foto da Bella Otero grazas ao libro de Leoncio Feijoo

VALGA> O concello de Valga descubre as primeiras actuacións da Bella Otero grazas ao libro monográfico escrito por Leoncio Feijoo. O escritor recompilou a través da prensa os inicios da artista máis recoñecida de Valga. Entre os descubrimentos atópase a foto máis antiga que se rexistra dela.

O concello de Valga continúa afondado na historia da súa artista máis recoñecida, a Bella Otero. As últimas novidades da bailarina chegan grazas ao libro monográfico escrito por Leoncio feijoo. O autor recompilou a través de recortes da prensa españois e franceses as primeiras actuacións da artista de Valga.

Segundo o escritor, a prensa demostra que a Bella Otero triunfaba xa a finais dos anos 80 en Francia. O escritor recolle tamén recolle as súas actuacións en Cataluña no ano 89 e as relacións descoñecidas da artista co xénero da Zarzuela. Desta época, o autor atopou ademais a primeira imaxe que se rexistra da Bella Otero.

Dende o concello destacan a importancia para a vila e para o Museo de Historia de descubrir máis datos sobre a vida da súa artista.

O libro estará dispoñible para a súa lectura nas bibliotecas de Valga e no museo de Historia. Para aqueles que o queiran mercar, poderán facelo nas vindeiras datas en librarías de Pontevedra e Valga.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí