Valga prepárase para a Festa da Anguía e mostra da Caña do Páis co concurso Tapa a Anguía

VALGA> 10 establecementos hostaleiros de Valga comezaron esta fin de semana a ofrecer diferentes elaboracións de tapas de anguía. Os petiscos son gratuítos coa consumición e forman parte da Ruta Concurso Tapa a Anguía organizada polo concello. O concurso continuará a vindeira fin de semana coa celebración da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País.

O agosto gastronómico de Valga está preto de chegar ao seu final pero as actividades e iniciativas culinarias non deixa de aumentar a súa calidade. Esta fin de semana comezou na vila a novena edición da Ruta Concurso Tapa a Anguía. Unha promoción na que participan 10 bares da vila cada un coa súa propia elaboración. Nesta ocasión, os petiscos de anguía poden degustarse no bar Pardal, no Praia Fluvial de Valga, na Pastelería Caprichos, no bar Potel, no bar Maneiro, e nas cafeterías bar O Pontellón, Couceiro, Auditorio, Comparada e Alba. As tapas son gratuítas con cada consumición e as elaboración non deixa de sorprender cada ano.

Esta fin de semana foi a parte do concurso, os interesados puideron votar mola mellor tapa e ademais entrar nun sorteo de 10 vales de 30 euros para gastar no comercio local de Valga. Só puideron enviar o seu voto aqueles que posuían os selos dos 10 establecementos participantes. Co resultado da votación entregaranse tres premios ás elaboracións máis votadas: un mandil de ouro, outro de prata e outro de bronce. Ademais, haberá un xurado profesional que entregará un premio extra. O seleccionado poderá degustarse na festa da Anguía do 2023.

Precisamente, a tapa concurso é o preludio da Festa da XXXII edición da Festa da Anguía e da mostra da caña do País. Os gañadores coñeceranse durante a celebración da festa grande do concello de Valga. Unha festa que comezará as actividades o mércores 24 co showcooking “Universo anguía”. O xoves terá lugar a precata do Concurso Tradicional da Caña do país e co sorteo dos vales de compra dos participantes na ruta “tapa a anguía”. O venres celebrarase a cata final do concurso tradicional da caña do país.

A fin de semana terán lugar os días grandes dos festexos. O sábado comezará a XXXII festa da Anguía e Mostra da Caña do País coa degustación das tapas de anguía dos locais hostaleiros. Pola tarde haberá unha festa infantil e as 20 horas terá lugar o pregón por parte do historiador Anxo Rodríguez Lemos. A continuación levarase a cabo a degustación de tapas de anguía e cócteles feitos con caña e a partir das 22:30 terá lugar a verbena coas orquestras Alkar e Panorama. Pecharanse os actos o domingo pola mañá cos resultados da IX ruta Concurso Tapa a Anguía.