PSOE e PP de Catoira critican a inactividade do BNG e abren a posibilidade dunha moción de censura

CATOIRA> O PSOE e o PP de Catoira non pechan a porta a unha posible moción de censura. A oposición do municipio denuncia o abandono que, aseguran, está a sufrir o concello. Culpan ao alcalde de inactividade política e de falta de diálogo co resto de partidos.

Os partidos da oposición de Catoira mostran a súa preocupación polo abandono que aseguran está a sufrir o concello. Culpan ao alcalde da vila de non realizar ningunha actuación para mellorar o benestar dos veciños. Consideran que a vila atópase nestes momentos nun desgoberno.

Dende o PP acusan ao goberno local de romper o pacto que acadaran. Lamentan que Xoán Castaño antepoña os intereses do BNG aos de Catoira. Pola súa banda o PSOE critica que os nacionalistas lles deneguen un local para levar a cabo a fiscalización do goberno.

Ambas formacións tamén criticaron que o alcalde presente un futuro proxecto de senda peonil ata Bamio e se esqueza de arranxar o paseo das Torres do Oeste.

Os dous líderes políticos non pechan a porta a un posible acordo entre ambas formacións.

As dúas formacións non ven lóxico como un partido con 3 concelleiros quere gobernar sen ter en conta aos outros 8. A posibilidade dunha moción de censura sobrevoa Catoira, aínda que polo de agora non hai nada confirmado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí