RIBEIRA> Precisamente o SERGAS iniciou esta mesma tarde un cribado masivo entre o alumnado e o persoal do CEIP O grupo de Ribeira, tras detectarse novos positivos. A día de hoxe ascenden xa a máis dunha decena.
Preocupación en Ribeira ó detectarse un gromo de covid entre o alumnado e persoal docente do CEIP O Grupo. O número de casos positivos ascende xa a once.
Precisamente esta tarde, ó redor dunhas 260 persoas, entre alumnos e persoal do colexio, no edificio anexo, onde se sitúan as aulas de infantil ata segundo de primaria, foron citados para a realización das probas PCR.
Polo de agora, á falla de coñecerse da existencia de máis positivos hai dúas aulas pechadas. As autoridades sanitarias non descartan máis medidas preventivas no centro no caso de confirmarse novos positivos asintomáticos para frear así a cadea de contaxios