Portos de Galicia mellora a seguridade vial no peirao de Vilaxoan

    VILAGARCÍA> A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, ven de mellorar a seguridade vial no peirao de Vilaxóan, tras unha inversión de 35.000 euros. 

     

    O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán visitou as obras que se están a acometer no peirao de Vilaxoán, en Vilagarcía. 

    A actuación consiste na pavimentación do vial principal, entre o Intecmar e o centro sociocultural, situados na zona portuaria.

    Portos de Galicia investiu uns 35.000 euros na execución destas melloras, que ademais, supuxeron a reparación e posta a nivel de todos os rexistros de sumidoiros existentes de cara a minimizar os riscos de circulación. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/27/visita_portos_vilaxoan_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/27/visita_portos_vilaxoan.mp4{/flowplayer}