![]()
SANXEXO> O Partido Popular de Sanxenxo… teno claro, votará non aos orzamentos presentados polo actual goberno da vila. Un dos motivos para a súa negativa é os escaso tempo que se lles concedeu para estudar o contido do documento.
O escaso tempo para consultar os orzamentos, que presentou o concello de Sanxenxo, e a negativa do goberno a petición do Partido Popular de ampliar unha semana máis para estudalos, provocou a negativa dos populares a un proxecto orzamentario, que segundo eles din, chega tarde.
O concelleiro Marcos Guisasola, afirmou non coñecer o motivo, polo cal despois de presentar os orzamentos con seis meses de retraso, non se tivo en conta a petición do seu partido, para prolongar a comisión informativa unha semana máis.
Ademais, os populares de Sanxenxo, aproveitaron a ocasión para reclamar recoñecemento de que o superávit existente é consecuencia da xestión económica do seu goberno nos últimos ano.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/30/valoracion_orzamentos_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/30/valoracion_orzamentos.mp4{/flowplayer}








