Uns 150 nenos de catro colexios celebran un Pleno Infantil en Ravella

    VILAGARCÍA> Uns 150 rapaces de catro colexios vilagarciáns  participaron este luns nun Plenos Infantil Municipal, no que debateron sobre os Dereitos da Infancia. Unha actividade organizada dende a Concellería de Xuventude coa que conmemorar o Día Universal da Infancia. 

     

    Alcaldesa por un día. Este é o momento no que Isabella, alzaba o bastón de mando de Vilagarcía que a convertía na rexedora do Pleno Infantil, que estaba a piques de celebrarse no salón do concello dedicado a tal fin. Unha actividade que foi seguida atentamente polo verdadeiro alcalde da vila. 

    Uns 150 nenos dos colexios de A Lomba, Arealonga, Sagrada Familia e Rubiáns, participaron nesta iniciativa da Concellería de Xuventude, ca que se pretende conmemorar o Dia Universal da Infancia. Ademais dende o concello ven positiva esta actividade para que os escolares entendan o funcionamento dos órganos de goberno e o proceso de tomas de decisión. 

    A constitución da mesa, a elección da alcaldesa,  e a conseguinte toma de posesión de todos os concelleiros e concelleiras infantís, foi parte do proceso que levou a cabo esta corporación especial, e de cara a última parte do Pleno abriron unha quenda de exposicións das propostas sobre os Dereitos da Infancia, para o seu posterior debate. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/21/pleno_villa_nenos_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/21/pleno_villa_nenos.mp4{/flowplayer}