O BNG en pleno monta un acto de apoio a Mosquera e Benítez

PONTEVEDRA> O BNG monta un acto de apoio en favor dos seus deputados César Mosquera e Uxío Benítez. Nunha multitudinaria concentración de cargos públicos e representantes do partido, coa voceira nacional, Ana Pontón, á cabeza, expresaron ante a Deputación de Pontevedra a súa intención de continuar cunha política que, din, abole os privilexios e elimina o caciquismo que existía na época do Partido Popular.

 

A voceira nacional do Bloque Nacionalista galego, Ana Pontón, participaba este martes nunha concentración organizada polo seu partido diante da Deputación provincial de Pontevedra como acto reivindicativo contra as coaccións realizadas sobre os deputados César Mosquera e Uxío Benítez.

Alcaldes, concelleiros, militantes e simpatizantes do BNG amosaban  pancartas nas que se podían ler consignas nas que acusaban directamente ao PP de ser o causante do conflito e insistiron en que fagan o que fagan non os intimidarán.

Mosquera asegurou que  seguirán traballando por eliminar o que chamaron “prácticas perversas”.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/31/condena_ataques_bng_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/31/condena_ataques_bng.mp4{/flowplayer}