Máis de 100.000€ para a promoción da arte rupestre

PONTEVEDRA> Turismo de Galicia e a Mancomunidade Terras de Pontevedra firman un convenio para a súa promoción como xeodestino. A Xunta de Galicia aportará 60.000 euros que servirán entre outras medidas para impulsar a arte rupestre como produto turístico característico da zona.

 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o presidente da Mancomunidade Terras do Salnés, fernández Lores, firmaban esta mañá un convenio de colaboración co que seguir realizando actividades de promoción turística na comarca como a comercialización de paquetes que teñan a arte rupestre como reclamo.

Para esta acción promocional a Xunta aportará 60.000 que xunto coas achegas dos distintos concellos que conforman a Mancomunidade superan os 100.000. Lores quixo destacar o traballo conxunto de todos os municipios.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/31/convenio_terras_pontevedra_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/31/convenio_terras_pontevedra.mp4{/flowplayer}