AJE abre o praza para presentarse á XV edición do Premio Xove Empresario do Ano

PONTEVEDRA> A Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra presentou esta mañá á XV edición do Premio Xove Empresario do Ano. Un evento no que se repartirán máis de 45.000 euros e que, ademais, coincide co 30º aniversario deste colectivo. O acto terá lugar o xoves 31 de outubro no Pazo da Cultura.

O Pazo de Cultura acollerá o vindeiro 31 de outubro á XV edición do Premio Xove Empresario do Ano. Un evento organizado pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra co obxectivo de fomentar o espírito emprendedor  e de recoñecer o traballo que se está a realizar na nosa provincia neste sector. Os galardóns dividiranse en dúas categorías: Xove Empresario e Xove Emprendedor do Ano. Ademais, haberá un Premio Honorífico e 3 accésits: á Innovación, á Creación de Emprego e á Responsabilidade Social Empresarial.

Esta edición do Premio Xove Empresario do Ano coincide ademais co 30 aniversario deste colectivo. Algo que marcará todo o acto e que dende AJE Pontevedra quixeron plasmar neste cartel.

Nestes 30 anos foron moitos os cambios que se produciron no sector empresarial e, como consecuencia, tamén neste colectivo pontevedrés.

Todas as persoas que queiran presentarse ao Premio Xove Empresario do Ano terán de prazo dende o luns 30 de setembro ata o domingo 27 de outubro. Todos eles deberán ser menores de 41 anos e a súa empresa deberá ter o domicilio social en Pontevedra.  En canto os premios, en total, neste acto repartiranse máis de 45.000 euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí