Unha proba do Euro Beach Soccer League 2016 recalará en Sanxenxo

    SANXENXO> A praia de Silgar converterase nun estadio xigante de fútbol praia no mes de xullo. A vila albergará a que será a única proba da Euro Beach Soccer League 2016, que se xogará en España. 

     

    Sanxenxo internacionalizarase un pouco máis durante o mes de xullo… concretamente do 8 ao día 10, a vila acollerá a segunda proba da Euro Beach Soccer League 2016, e será a única parada deste campionato en España. 

    As seleccións desta disciplina de España, Ucrania, Francia, Rumania, Portugal, Suíza, Alemaña e Grecia serán as encargadas de disputar os partidos aos que asistiran locais e visitantes. 

    Un evento que dende o concello esperan que supoña un cheo total nos establecementos hostaleiros.

    Esta proba de carácter europeo será retransmitida nuns 130 países, e a vila de Sanxenxo atoparase no calendario do campionato xunto con outros destinos como Moscú ou Catania. A entrada será de balde. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xuño/01/sanxenxo_futbol_praia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xuño/01/sanxenxo_futbol_praia.mp4{/flowplayer}