As traballadoras de DomusVi Ribadumia retoman as protestas denunciando as súas malas condicións laborais

RIBADUMIA> Primeira das catro xornadas de folga das traballadoras da residencia DomusVi de Ribadumia. Protestan, unha vez máis, polos baixos salarios e as súas malas condicións laborais. Aseguran que non se están cumprindo os hoarios ou os descansos. Unha situación insostible, cunha gran carga de traballo que, lamentan, está repercutindo na calidade asistencial aos residentes.

A reivindicación non e nova, pero non se renden. As traballadoras da residencia DomusVi de Ribadumia volveron hoxe protestar pola súa situación laboral. Falan de salarios escasos e malas condicións.

Denuncian que isto repercute no persoal pero tamén nos residentes. Poñen como exemplo de mala xestión por parte da empresa o que está pasando nestes momentos neste centro.

E denuncian que a empresa está a antepoñe-los cartos ao benestar dos residentes.

Esta é a primeira das catro xornadas de folga previstas reclamando a negociación dun novo convenio colectivo. A seguinte será o día 22 deste mes e haberá outras dúas en maio.

Dende a CIG denuncian o que consideran unha ‘irresponsabilidade’ por parte da Xunta por ter anunciado hoxe, na propia xornada de folga, os servizos mínimos. Denuncian o silencio por parte de CCOO e UXT, sindicatos dos que din ‘nin están, nin se lles ve, nin se lles agarda’.