O Campionato de España de Motonáutica celébrase en Sanxenxo

SANXENXO> Sanxenxo albergará os días 11 e 12 de xuño o Campionato de España de Motos Acuáticas. No evento  reuniranse máis de 30 dos mellores pilotos nacionais das categorías GP1 e GP2 que competirán polas rías de Vigo e Pontevedra.

 

Durante os días 11 e 12 de xuño, Sanxenxo será a sede nacional da motonáutica. A vila albergará o Campionato de España de Motos Acuáticas co apoio de concello, o Consello Superior de Deportes e as Federacións Galega e Española.

Co alto custe que ten para os deportistas da costa do Levante, Murcia e Andalucía trasladarse ata o norte de España, a federación impuxo para a celebración deste campionato en Sanxenxo que os deportistas galegos tiveran unha importante participación, e así será, xa que dos máis de 30 pilotos que participarán na competición, unha quincena son galegos.

O campionato celebrarase en dúas xornadas con un tramo de percorrido diferente por día. O sábado os pilotos sairán da praia de Silgar para ir ata Marina Davila en Vigo para regresar novamente a Silgar. O domingo sairán de Silgar cara Cabicastro, Picamillo, a ría de Aldán e Pontevedra, rodeando a Illa de Tambo pasando por Combarro para volver a Sanxenxo.

O Xefe Provincial de Deportes valoraba o significado dunha proba coma esta para futuras xeracións de pilotos nun deporte minoritario coma este.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/01/ptac_campionato_motos_auga_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/01/ptac_campionato_motos_auga.mp4{/flowplayer}