POBRA> Os populares insiste na irregularidade da sesión plenaria na que se aprobaron as dúas novas dedicacións exclusivas do equipo de goberno.
Novamente, e coa deste pasado martes xa van tres, a aprobación das dúas dedicacións exclusivas que pretendía sacar adiante o goberno pobrense este pasado martes volve a estar no aire. Os populares, decidiron presentar un escrito no Concello solicitando a súa suspensión ó considerar que a convocatoria non se axustaba a dereito.
Dende o PP xa anunciaron que teñen intención de impugnar os acordos tomados nesa sesión.