RIANXO> Hai uns días entraba en funcionamento no Barbanza un punto de recarga para vehículos eléctricos. Está situada en Taragoña, na gasolineira Valcarce, e é un dos primeiros que xa están operativos na comarca.
O seu uso é do máis sinxelo…
Polo de agora son aínda poucos os vehículos que precisan deste servizo. Aínda así a firma decidiu instalalo para dar resposta a quen precisa unha recarga puntual ou rápida ó longo do día.
Aínda así, para poñelo en marcha, Olga tivo que superar anteriormente numerosos atrancos administrativos.
O punto de recarga non é o único novo servizo do que dispón Nemáuticos Soto, sempre en constante evolución para satisfacer as demandas dos seus clientes. Hai unhas semanas abría tamén unha lavandería, aberta os 365 días do ano.
Este servizo súmase á ampla oferta que xa ten nas súas instalacións de Taragoña, con cafetería, supermercado, lavado, servizo de taller e tenda de recambios e accesorios para o automóbil.