O regatista sonense Iago López estará nos Xogos de Río

PORTO DO SON> Xunto ó seu compañeiro Diego Botín serán os representantes españois na clase 49er. Nada máis poñer pé en terra, despois da súa vitoria na Delta Lloyd Regatta na cidade holandesa de Medemblick, o regatista Iago López Marra foi recibido no Real Club Náutico de Portosín. O acto contou coa presenza do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, quen felicitou ó deportista sonense pola súa clasificación para participar nos Xogos Olímpicos de Río 2016. Xunto ó seu compañeiro Diego Botín serán os representantes españois na clase 49er. Dende o concello sonense e tamén dende o propio náutico, onde Iago tivo os seus primeiros contactos coa vela, destacaron tamén a traxectoria do regatista, que agora poderá ver cumprido o soño de participar nunhas Olimpíadas. Pola súa banda o deportista agradeceu as mostras de cariño recibidas estes días. Despois de meses de intenso traballo e adestramentos, Ademais de Iago López, a representación galega no equipo olímpico de vela estará formada por Tamara Echegoyen e Berta Betanzos en 49er e Fernando Echávarri e Tara Pacheco en Nacra17, catamarán.