A Pobra amplía os obradoiros de conciliación cun servizo de madrugadores

    POBRA> A Pobra fomentará a conciliación familiar este verán grazas á ampla oferta de obradoiros infantís. En total habilitaranse cen prazas para o grupo de infantil e outras tantas en primaria. A principal novidade será o servizo de madrugadores, dispoñible entre as sete e media e as dez da mañá. Os nenos de entre tres e doce anos poderán participar nestes obradoiros de verán que teñen como principal obxectivo a conciliación familiar durante o verán. Ademais da oferta lúdico recreativa, desenvolverase actividades deportivas para fomentar os valores de convivencia e autoestima entre os máis cativos. A principal novidade desta edición será a incorporación dun servizo de madrugadores para aquelas familias que precisen deixar os seus fillos antes das nove. A maior parte das actividades desenvolveranse no colexio Salustiano Rey Eiras aínda que tamén se organizarán saídas a diferentes espazos naturais do municipio e clubs deportivos. O prezo para o mes completo será de sesenta euros, en horario de nove a dúas. Os que opten por tan só unha quincena deberán aboar corenta euros. Haberá descontos especiais para irmáns. Os interesados poden solicitar máis información nas oficinas de deportes situadas na casa Raquel Fernández Soler ou no enderezo electrónico info@deportespobra.com. O prazo para formalizar as inscricións remata o vinte de xuño.