Diego Calvo supervisou varios proxectos da Xunta no Barbanza

    diegocalvo.jpgBARBANZA> O delegado territorial da Xunta na Coruña desprazouse ata o CEIP de Olveira para presentar o proxecto de remodelación do centro.

    {flowplayer}barbanza/diegocalvoceipolveira.flv{/flowplayer}

    A Xunta de Galicia acometerá a reforma da planta baixa do colexio co obxectivo de adaptala ás súas necesidades. E é que cando se construíu non contaba con aulas para educación infantil que agora se agruparán no mesmo andar.

    O delegado territorial explicou os detalles do proxecto, que suporá un investimento aproximado de 150 mil euros, ó equipo directivo do centro e ós representantes do concello.

    Está previsto que as obras se executen durante o verán para non interferir no normal desenvolvemento das clases. 

    Paseo fluvial

    {flowplayer}barbanza/diegocalvoriomorto.flv{/flowplayer}

    Posteriormente, o delegado visitou o concello da Pobra para supervisar as obras do paseo fluvial do Río Morto. Está previsto que a recuperación deste contorno natural estea rematada antes do verán.

    Diego Calvo destacou o bo ritmo ó que marcha esta actuación que permitirá acabar co problema de inundacións que viña rexistrado a zona ademais de crear un espazo de lecer para tódolos veciños da Pobra.

    O alcalde, Isaac Maceiras, insistiu tamén na mellora da seguridade viaria que suporá esta obra que contempla o remate da circunvalación.

    A obra, na que a Consellería de Medio Ambiente achega 1.265.000 euros, consistirá tamén na creación de preto dun cento de prazas de aparcamento, un parque biosaudable, dúas pontes e catro pasarelas de madeira así como a plantación de máis de setenta árbores e a dotación e mobiliario urbano.

    Redacción Barbanza