RIBEIRA> Os percebeiros de Aguiño non lembran unha campaña de Nadal tan mala. Son moitos os factores que influíron nos malos resultados. Entre eles a escaseza do recurso, o mal estado da mar ou a baixada da demanda na hostalería por mor da pandemia.
Os percebeiros de Aguiño cualifican como case que desastrosa a campaña de Nadal. Mal tempo, mareas moi curtas a e a escaseza de recurso fixeron que apenas se puidera traballar esta especie que non soe faltar nas mesas durante o Nadal.
As expectativas iniciais non eran tan pesimistas. Nunha das primeiras xornadas de traballo, o percebe acadou un prezo medio de 80 euros chegando o máximo a 211 euros o quilo. Un espellismo que non se volveu repetir durante o resto da campaña.
Coma en todo, a mala evolución da pandemia tamén condicionou a campaña deste ano ó verse notablemente reducida a demanda por parte da hostalería.