RIBEIRA> A Deputación da Coruña investirá uns 147 mil euros na construción dunha senda peonil na estrada DP-7.306, que une os núcleos de Aguiño con Carreira pola Graña. Foi o propio presidente provincial, Valentín González Formoso, o encargado de anunciar este investimento nunha xuntanza mantida co alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz. Esta nova senda peonil, que virá a mellorar a seguridade dos peóns nunha zona con alta densidade de tráfico, sumarase á xa construida recentemente pola Deputación nesta mesma estrada, concretamente entre os lugares de Vixán e a Graña.
Inicio Barbanza - Muros - Noia