NOIA> Noia acollerá o sábado 26 de xullo o Bolo Fest. Esta romaría contará este ano cun cartel musical moi amplo integrado por sete formacións locais. Entre elas, Puerta Cuatro, A Banda do Lara ou Sara e Majos.
O Monte do Bolo volverá acoller o xa tradicional festival co que o concello de Noia busca poñer en valor esta área recreativa tan próxima ó núcleo urbano ó mesmo que impulsar o talento musical de moitas formacións locais.
Celebrarase o sábado 26 de xullo e contará cos concertos de Dennis RM Forza Vital, Juan do Tractor, Puerta Cuatro, A Banda do Lara, Sara & Majos e Ramos e Aullido. A apertura de portas realizarase a partir das tres da tarde para que os asistentes poidan gozar do xantar aínda que as actuacións non arrancarán ata as sete da tarde.
A entrada terá un prezo simbólico de tres euros, destinados á Cruz Vermella. Está previsto que os concertos se prolonguen ata a unha da madrugada.











