A Guía Peñín examina 250 Rías Baixas

PONTEVEDRA> Os viños de Rías Baixas, a exame. Esta mañá dous catadores da prestixiosa Guía Peñín visitaron a sé do Consello Regulador en Pontevedra. Alí cataron ao redor de 250 referencias doutros tantos caldos da Denominación de Orixe, que se incluirán na edición 2017 da guía.

 

Os catadores da Guía Peñín están de viaxe por España para dar forma á súa edición do vindeiro ano. Hoxe fixeron parada en Pontevedra, para catar aqueles viños da Denominación de Orixe Rías Baixas que se incluirán na guía do 2017.

Pero non só nos viños do ano. Entre as referencias presentadas pola adega, os catadores atopáronse elaboracións máis especiais, como viños con crianza en barrica ou sobre lías. Apostas que dende a Guía Peñín ven con bos ollos, pola cantidade de posibilidades que abren para o consumidor.

Ao igual que as súas predecesoras, a guía é unha porta máis que se abre para as adegas, facilitando que se dean a coñecer. Non en van, está presente en máis de 20 países.

Na guía, o usuario poderá atoparse os detalles de máis de 11.000 referencias de toda España. Zonas de produción, clima, variedade, unha descripción profunda de cada viño e outros datos como o seu grao alcohólico ou a relación calidade prezo.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/10/cata_guia_penin.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/10/cata_guia_penin.mp4{/flowplayer}