A reforma do nó de Bombeiros xa está en marcha e estará rematada en setembro de 2025

PONTEVEDRA> Xa están en marcha as obras do nó de bombeiros, en Pontevedra. Despois de anos de agarda, hoxe por fin comezaron os traballos que contan cun investimento de 9,9 millóns de euros. A actuación vai dirixida á remodelación do enlace de Pontevedra norte coa AP9, para mellorar a mobilidade e o fluxo dos tráficos. Calcúlase que estará rematado en setembro de 2025.

Xa están en marcha os traballos que transformarán o enlace de Pontevedra norte coa AP-9. Esta mañá arrincou a agardada obra de reforma do nó de bombeiros.

O proxecto conta cun orzamento de 9,9 millóns de euros. Contempla a creación dunha conexión máis funcional, ampliando a rotonda da Ponte das Correntes, que cobrará máis protagonismo na distribución do tráfico. Ademais, esta glorieta pasará a estar unida coa de bombeiros por un treito de dobre calzada con catro carrís, grazas a ampliación do actual paso elevado.

Ademais, crearase unha beirarrúa que permita a mobilidade peonil entre a rúa Domingo Fontán en a Comandancia da Garda Civil. Tamén se construirán novos enlaces coa AP9 e se simplificarán as incorporacións en dirección ás estradas de Vilagarcía e a Ponte da Barca.

De cumprirse os prazos, as obras estarán rematadas en setembro do 2025.