Os Moróns e os Zamoranos eluden a prisión grazas a un acordo coa Fiscalía

PONTEVEDRA> Moróns e Zamoranos chegaron esta mañá a un acordo de conformidade pola liorta de 2015 nun mercadillo de Cangas. Grazas a este pacto, dos 12 acusados, cinco eludiron a prisión e outros 7 quedaron absoltos. Sinaí Giménez, máis coñecido como o rei dos xitanos, conseguiu reducir a súa pena a 4 anos, e, finalmente, ningún deles terá que ingresar no cárcere.

O Xulgado do Penal número 2 de Pontevedra acolleu esta mañá o xuízo entre os Moróns e os Zamoranos. Tras un acordo coa Fiscalía, dos 12 acusados soamente 5 foron condenados. 3 deles pertencen aos xitanos “Zamoranos” que aceptaron cada un unha pena de prisión dun 1 ano por un delito de lesións. Por parte dos “Moróns”,   Sinaí Giménez, máis coñecido como o líder dos xitanos, e a súa irmá María Consuelo, aceptaron 4 e 3 anos de cárcere respectivamente. Finalmente e grazas á última reforma do Código Penal, ningún deles terá que ingresar en prisión.

O acordo entre os avogados e a fiscalía produciuse tras tres horas e media de negociacións. Grazas a este pacto, a pena que pedía o ministerio público de 14 anos de prisión para Sinaí Gímenez, reduciuse a catro. O líder dos Moróns mostrouse satisfeito na saída dos xulgados.

O rei dos xitanos, rodeado dun amplo dispositivo de seguridade, foi recibido por un centenar de persoas á saída dos xulgados entre aplausos e berros. Tanto os “Moróns” como os “Zamoranos” esperan que este acordo serva para poñer un pouco de sosego e paz nos mercados ambulantes.