A residencia da 3ª Idade e a EDAR, entre os temas que Lores tratará con Feijoó o luns

Pontevedra> O alcalde de Pontevedra, acompañado polo concelleiro de infraestruturas, reunirase o vindeiro luns co presidente da Xunta de Galicia. Na xuntanza, entre outros temas, falarase da residencia da terceira idade que o goberno autonómico anunciou no 2017. O concello proporá cinco terreos municipais nos que se podería construír.

O concello de Pontevedra presentará 16 temas a tratar na reunión que manterá o luns, 22 de outubro, con Núñez Feijoó.

Entre os asuntos a abordar figura a residencia da terceira idade que o presidente da Xunta anunciou no 2017.

O concello podería ofrecer cinco posibles ubicacións: os terreos da rúa da Barca; os antigos terreos de Tafisa; Valdecorvos; a Unidade 18, entre Eduardo Pondal e Doce de Novembro; e a parcela da Parda, na que se ía a instalar o Carlos Oroza.

Outros asuntos que se levan á xuntanza son a variante de Alba, a estación intermodal, o proxecto do Gran Montecelo, o pavillón da Parda, o transporte metropolitano e urbano ou a EDAR dos Praceres. Sobre esta última, Mosquera asegura que existe un erro de plantexamento, xa que antes de falar de ampliar hai que por a funcionar ben a que existe, facendo chegar a ela as augas a tratar de forma separada.

Tamén se falará no reunión sobre o novo edificio xudicial, as obras na Ponte  da Barca e a reforma do edificio da antiga sede da Xunta en Benito Corbal, no que o concello solicitará a cesión dun andar para a creación dun viveiro de empresas. Un terceiro grupo de  temas englobaría as previsións sobre novas dotacións educativas, o tratamento de residuos urbanos,  as actuacións en materia de mobilidade e seguridade viaria, o comportamento da televisión galega con Pontevedra e o dragado da ría.