![]()
BARBANZA> Na convocatoria da Central Intersindical Galega participaron medio cento de persoas.
{flowplayer}barbanza/manifestacioncig.flv{/flowplayer}
Como vén acontecendo nos últimos anos, Ribeira volveu a centraliza-los actos organizados pola delegación comarcal da CIG para conmemora-lo Primeiro de Maio. Na marcha, que parteu ás doce da mañá dende as inmediacións do mercado municipal, para percorrer posteriormente diferentes rúas da localidade, participaron preto dun cento de afliliados e simpatizantes desta organización sindical.
‘Por un novo modelo económico e social’
Baixo o lema ‘Por un novo modelo económico e social’ os manifestantes avogaron pola mellora dos dereitos e prestacións dos traballadores, reclamando ó mesmo tempo reformas de tipo estrutural que veñan a reactiva-la economía actual, na que se se está a producir de xeito acelerado a destrución de postos de traballo, coa merma dos salarios e recortes nas coberturas e prestacións sociais.
Redacción Barbanza








