Fátima Báñez promete recoñecer profesionalmente as redeiras

    SANXENXO> As ministras en funcións de Fomento e Emprego visitaron o peirao de Portonovo para saudar e falar cas redeiras. Ambas interesáronse polos problemas que teñen estas mulleres para desenrolar o seu oficio. 

     

    As ministras en funcións de Emprego e Fomento mantiveron unha xuntanza con algunhas redeiras no peirao de Portonovo. Ana Pastor e Fátima Báñez escoitaron de primeira man algúns dos problemas que están a sufrir estas mulleres para regularizar a súa situación laboral. 

    Unha situación que a titular de Emprego se ofreceu a solucionar. 

    Trala súa visita Fátima Báñez destacou a importancia do sector do mar na recuperación económica.

    Ana Pastor e Fátima Báñez estiveron acompañadas na súa visita por rostros da política a nivel autonómico e comarcal. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/13/banez_pastor_portonovo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/13/banez_pastor_portonovo.mp4{/flowplayer}