A Pobra converterase novamente na capital da odontoloxía

    POBRA> Por décimo ano consecutivo a vila acollerá o seminario ‘Os implantes dentais: unha solución para os seus pacientes’ que organiza a clínica Gonzalo López Castro. Ó redor duns 150 profesionais da odontoloxía chegados dende diferentes puntos de España e Portugal daranse cita na Pobra do Caramiñal coa celebración da décima edición do seminario ‘Os implantes dentais: unha solución para os seus pacientes’ que organiza a clínica Gonzalo López Castro. Será esta próxima fin de semana, os días 17 e 18 de xuño. A finalidade do mesmo non é outro que tratar de dar a coñecer as últimas tendencias e avances no campo dos implantes dentais da man dos mellores especialistas en cirurxía oral e maxilofacial, como é o caso de doutor Pascal Valentini, un dos expoñentes mundiais en cuestións relativas á elevación do seno maxilar. Dende o concello pobrense destacaron a importancia de poder acoller un ano máis un congreso destas características. O doutor Gonzalo López Castro anunciou tamén a súa intención de poñer en marcha na Pobra, xa cara o mes de setembro, dun centro de formación regrado, con capacidade para corenta ou cincuenta persoas, dotado con equipamento do máis avanzado e con cirurxía en directo, polo que pasarían os principais especialistas en odontoloxía do momento.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí