Xunta e concello investirán uns cincocentos mil euros en melloras nos colexios noieses

    NOIA> As actuacións serán realizadas este verán na maioría dos centros educativos do municipio. Representantes do executivo noiés mantiveron recentemente unha xuntanza co Xefe Territoral de Educación na provincia da Coruña, Indalecio Cabana, co fin de analizar unha serie de actuacións previstas nos distintos centros educativos do municipio. As melloras a realizar, cun investimento próximo ós cincocentos mil euros, terán un carácter inmediato, para que poidan estar rematadas antes do inicio do vindeiro curso escolar. Unha das actuacións máis importantes efectuarase no CEIP Felipe de Castro, onde se prevé a construcción do novo pavillón polideportivo, unha vella demanda da comunidade educativa deste centro, no que se realizarán tamén actuacións nos baños de infantil e na aula de música.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí