RIANXO> O PSOE de Rianxo solicita información sobre a aplicación da ordenanza reguladora dos vaos. Os socialistas entenden que se debe paralizar o cobro ata a modificación do texto segundo a normativa fiscal vixente.
A ordenanza reguladora da ocupación de dominio público con entrada de vehículos en Rianxo leva sen actualizarse dende o ano 2012. Os socialistas instan ó executivo a explicar os detalles sobre a aplicación da norma fiscal posto que afecta directamente a moitas vivendas e negocios tanto en zona urbana como no rural.
Hai dous meses, a iniciativa dunha pregunta do BNG, debateuse en pleno a necesidade de paralizar os envíos das cartas de recadación ata que se procede á modificación do texto da ordenanza.
Os socialistas teñen solicitado unha reunión urxente co alcalde para aclarar os criterios de aplicación e as zonas afectadas.











