RIBADUMIA> Esta fin de semana volve unha das probas máis agardadas do piragüismo. Ao redor de 250 padexeiros participarán na baixada do Umia organizada polo Club Náutico o Muíño; unha cita con máis de 22 anos de experiencia e que este celebra unha das súas edicións máis multitudinarias.
Dezasete clubs, 250 padexeiros e 14 quilómetros por diante. Así será a vixésimo segunda edición da baixada do río Umia e décimo oitavo Memorial José Antonio Noya.
Ás 6 da tarde do domingo, os padexeiros sairán dende Portas para percorrer cinco concellos diferentes ata chegar a meta do Refuxio de Cabanelas. Un treito que precisa da destreza do deportista.
A proba forma parte da Liga Galega de Ríos e Travesías 2016, e está organizada polo Club Náutico de Piragüismo O Muíño. Un equipo moi arraigado ao concello de Ribadumia.
Na baixada participarán recoñecidos padexeiros como Miguel Castro e Tania Álvarez, do Breogán, ou Carlos Agra, do Muíño.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/14/ptac_descenso_umia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/14/ptac_descenso_umia.mp4{/flowplayer}