Pontevedra estrea festival de cine

PONTEVEDRA> O cinema internacional chega a Pontevedra da man do seu novo festival. A primeira edición de Novos Cinemas celebrarase do 28 ao 3 de xullo, abrindo un espazo para a proxección das primeiras películas de novos cineastas. Unha aposta que trae nove películas na súa sección oficial.

 

Trala edición piloto do ano pasado, Pontevedra estrea festival de cine. Novos Cinemas é a proposta da cidade do Lérez, que reunirá obras de cineastas de todo o mundo.

No programa recóllense primeiras ou segundas películas de diferentes directores, algunhas delas recoñecidas e premiadas en diferentes festivais.

Mesas redondas ou obradoiros para os máis pequenos completan o programa, que inclúe propostas como dúas proxeccións ao aire libre na praza da Pedreira dos títulos Esa sensación e Os exiliados Románticos os días 1 e 2 de xullo. Nesta última, a sesión complétase con música en directo.

A academia das musas será a proxección que estree o festival o vindeiro día 28. Trátase da última película do director español José Luis Guerín, a quen adican a sección Retrospectiva. O realizador tamén impartirá un seminario na Casa das Campás, e se exhibirán outros dos seus títulos: Inisfree e Tren de sombras. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/14/ptac_festival_novo_cinema.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/14/ptac_festival_novo_cinema.mp4{/flowplayer}