Unha muller de Meis está grave tras caer pola fiestra da súa casa

    SALNÉS > Anque todo indicaba que se trataba dun novo caso de violencia doméstica, as versións sobre o sucedido son varias e contradictorias. O suceso ocorreu ás doce da noite en Meis, cando a muller, Mari Carmen Grande, caeu pola fiestra da súa casa sufrindo graves feridas. O seu home, Luís Otero, levouna a Montecelo onde os médicos deron aviso á Garda Civil ante un suposto caso de malos tratos.

    Todo aconteceu no lugar do Marco, en San Salvador de Meis arredor das doce da violenciadomesticameis_300_210807__still_001.jpgnoite cando un home, Luis Otero de 54 anos chegou a Montecelo coa súa súa muller, Mari Carmen Grande, ferida de gravidade.

    Algunhas versións falan de que supostamente foi o home quen a arroxou pola fiestra. Varios veciños aseguraron que o matrimonio discutía bastante últimamente debido ó alcolismo do home. E ese puido se-lo desencadeante da pelexa de onte. Anque outras versións aseguran que Mari Carmen sufre unha depresión que a puido levar a tirarse ela mesma pola fiestra. O home, detido no mesmo hospital, quedou hoxe en liberdade tras declarar no xulgado de Cambados.

    Redacción Salnés