Carme da Silva defende a importancia do sector do mar para Galicia

O GROVE> A candidata do BNG ó Congreso por Pontevedra reivindica no Grove que os convenios do sector da conserva se negocien en Galicia. Carme da Silva mostrouse ilusionada con esta campaña electoral e séntese con enerxía para romper as enquisas e acadar un bo resultado nas eleccións.

Nas últimas semanas a candidata do BNG ó Congreso por Pontevedra estivo visitando diferentes traballos relacionados co mar. Primeiro ás mariscadoras, logo ós bateeiros e hoxe a conserveira Thenaisie Provote. Carme da Silva recalcou a importancia deste sector para Galicia.

A só 3 días para as eleccións a candidata valora de forma positiva esta campaña.

As diferentes enquisas estiman que o BNG podería obter de 0 a 2 deputados, un deles sería en Pontevedra, pero Carme da Silva móstrase convencida de que mellorarán os datos previstos.

Haberá que esperar ata o domingo para coñecer se o BNG volve a primeira liña da política nacional.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí